O Concello de Carnota publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL

O Concello de Carnota publicou no BOP do 22 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.

Ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o Concello de Carnota publicou no BOP do 22 de decembro as bases xerais e específicas polas que se regulan os procesos de selección, que inclúen a praza de técnico/a de normalización lingüística.

SISTEMA DE SELECCIÓN

Concurso de méritos, onde se valorará a experiencia laboral (até 90 puntos) e a formación (até 10 puntos).

REQUISITOS DE TITULACIÓN

Os/As aspirantes deben posuír ou estar en condicións de obter na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes o título de Grao en Lingua e Literatura Galegas, Licenciatura en Filoloxía Galega, Filoloxía Galego-Portuguesa ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), ou calquera outra licenciatura ou grao pertencente ás áreas de Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que ademais estean en posesión do Celga 5.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Será de 20 días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Ente anuncio publicouse no BOE do 15 de febreiro de 2023, polo que o prazo remata o 7 de marzo.

BOLSA DE EMPREGO

As persoas que non superen os procesos selectivos incluiranse en bolsas de persoal específicas, para posibles contratacións temporais relacionadas cos postos de traballo.

Bases xerais e específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 22 de decembro de 2022)

Anuncio da convocatoria no BOE, en .pdf (BOE do 15 de febreiro de 2023)

Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua aquí e aquí.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio