- Experiencia laboral en servizos de normalización lingüistica: até 2 puntos.
- Experiencia laboral por ter traballado como profesor/a de lingua ou literatura galega con colexios públicos ou privados: até 2 puntos.
- Experiencia laboral por impartir cursos, seminarios, simposios, congresos, etc.: até 1 punto.
- Experiencia laboral por realizar publicacións en lingua galega: até 1,5 puntos.
- Formación. Asistencia a cursos, congresos, simposios, directamente relacionados coas funcións da praza: até 1 punto.
- Formación. Asistencia a cursos de informática: até 0,50 puntos.
- Entrevista curricular: até 3 puntos.
As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo deberán presentarse no modelo oficial que facilitará o Concello, no prazo de dez días naturais, que contarán a partir do seguinte ao se publicaren estas bases no Boletín Oficial da Provincia, debidamente cubertas e acompañadas da seguinte documentación:
- unha copia do DNI
- unha copia da titulación requerida para participar no proceso selectivo (licenciatura en Filoloxía Galega ou equivalente, Filoloxía Galego-Portuguesa ou Filoloxía Hispánica, subsección de Galego-Portugués)
- unha copia de todos os documentos xustificativos dos méritos que se alegaren
Logo de concluír o prazo de presentación de solicitudes, o alcalde no prazo máximo de tres días, declarará aprobada a listaxe de persoas admitidas e excluídas, que se publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web municipal. Nela indicaranse as causas de exclusión e abrirase un plazo de cinco días hábiles para emendar as solicitudes. En todo caso, na listaxe definitiva, que se publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web municipal, determinarase igualmente o lugar, a data e a hora en que comezarán as probas, así como a relación nominal dos membros que comporán o tribunal cualificador.
Podes consultar as bases deste proceso nesta ligazón.