O Concello de Burela, o Foro Avogados Lugo SCP e Ramón Lorenzo, premios Lois Peña Novo 2010 pola súa contribución á normalización lingüística

A Fundación Lois Peña Novo fixo público que o seu premio anual que recoñece a contribución á extensión social do uso da lingua galega lle será concedido ao Concello de Burela, polo seu Modelo Burela de normalización lingüística; ao académico Ramón Lorenzo e ao bufete de avogados Foro Avogado Lugo SCP

Os premios Lois Peña Novo, que concede a fundación do mesmo nome, creáronse para recoñecer o labor, tanto individual coma colectivo, daquelas persoas, entidades ou empresas que traballan ou teñen relación coas administracións públicas e que fan, co seu traballo cotiá, publicacións, estudos, traballos de investigación, etc., que a lingua galega se consolide, cada vez máis, no eido das administracións públicas, na vida institucional de Galiza e na sociedade en xeral.

O ditame do xurado da edición 2010 salienta o traballo do concello de Burela, onde existe un importante asentamento de inmigrantes que se integran na sociedade “sen conflitos a partir dunha pedagoxía que ten nas escolas municipais os centros nos que se fomenta a cohesión lingüística”. Pola súa parte, o Foro Avogados Lugo SCP recibe o galardón por levar 21 anos usando o galego e o académico da RAG, Ramón Lorenzo, pola “importancia das súas achegas filolóxicas para crear un corpus lingüístico aplicábel á normalización da lingua nos eidos xurídicos e administrativos”.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio