O Concello de Ames convoca unha bolsa de prácticas no seu SNL
O Concello de Ames, a través do programa de formación da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), convoca unha bolsa de prácticas no seu Servizo de Normalización Lingüística, dirixida a titulados/as universitarios/as sen experiencia laboral.
REQUISITOS DE TITULACIÓN:
– Grao en Lingua e Literatura Galegas.
OUTROS REQUISITOS:
– Coñecemento sobre o manexo de procesadores de texto.
– Ter carné de conducir.
DESENVOLVEMENTO DA BOLSA:
Con esta bolsa, a persoa seleccionada aprenderá a executar programas e actividades de dinamización lingüística, a prestar asesoramento lingüístico e sociolingüístico a departamentos municipais e outros colectivos, a impartir formación e a coordinarse con outros departamentos, centros educativos e servizos de normalización, ademais de coñecer a organización e o funcionamento básico dun concello.
XORNADA LABORAL E DURACIÓN DA BOLSA:
As prácticas serán a xornada completa durante doce meses.
PRAZO PARA INSCRIBIRSE:
Até o 24 de setembro ás 14.00 h.
LUGAR DE INSCRICIÓN:
A inscrición farase través da plataforma da FEUGA.
PROCESO DE SELECCIÓN
As persoas inscritas participarán nun proceso de selección que consistirá na valoración do currículo presentado (40%), un suposto práctico a partir dunhas premisas previamente indicadas vinculado coas tarefas propias dun servizo de normalización lingüística (50%) e e unha entrevista sobre Ames e a dispoñibilidade das persoas candidatas (10%).
Máis información no web do Concello de Ames