O Concello de Ames, Alba Nogueira e Xosé R. Cruz, premios Lois Peña Novo 2011 pola súa contribución á normalización

A Fundación Lois Peña Novo fixo públicos os seus galardóns, que teñen por obxecto animar o proceso de normalización lingüística, nomeadamente na administración. Así, este ano decidiron recoñecer o Concello de Ames, a profesora Alba Nogueira e o funcionario da Policía Xosé R. Cruz

Alba Nogueira, profesora de Dereito Administrativo na Universidade de Santiago de Compostela, foi premiada pola súa traxectoria profesional no exercicio da docencia transmitindo ao seu alumnado os valores da identidade galega nun centro académico no que precisamente non prodigan exemplos de profesorado a prol da nosa lingua. Tamén polas súas publicacións e participación en congresos e simposios nos que defende o uso do noso idioma. Considera o xurado que a súa achega ao proceso normalizador exemplifica o papel da muller na defensa da identidade galega.

Xosé Rodríguez Cruz, funcionario do Corpo Nacional de Policía na comisaría provincial de Ourense, obtivo un dos premios polo traballo desenvolvido ao longo de moitos anos defendendo a nosa lingua no seu ámbito profesional e a través de múltiples traballos de investigación etnográfica e antropolóxica. O xurado manifestou que a súa actitude militante a favor do idioma galego no ámbito policial determina unha revalorización do feito diferencial galego no resto do corpo.

O Concello de Ames ten demostrando o seu compromiso coa lingua galega prestándolle unha atención especial ao proceso de normalización lingüística a través da galeguización dos seus servizos e poñendo en marcha programas dirixidos á poboación para conseguir a implicación de todos os colectivos neste proceso. A Administración local puxo en funcionamento en 2004 o Servizo de Normalización Lingüística (SNL), que ten como obxectivos principais incrementar o uso social da lingua, contribuír á completa galeguización da Administración local e mellorar a calidade das producións lingüísticas. Deste servizo tamén se poden beneficiar todos os veciños e veciñas de Ames a través das numerosas iniciativas que desenvolve ao longo do ano. Ademais o Concello de Ames aprobou en Pleno unha ordenanza de impulso do idioma galego.

Fundación Lois Peña Novo >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio