Ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o Concello da Coruña publicou no BOP do 29 de novembro as bases xerais polas que se regulan os procesos de selección, que inclúen unha praza de filólogo/a e outra de técnico/a de normalización lingüística.
No BOP do 15 de decembro, o concello herculino publicou as bases específicas correspondentes á praza de técnico/a de normalización lingüística.
SISTEMA DE SELECCIÓN
Concurso de méritos, onde se valorará a experiencia laboral (até un 90% da puntuación) e a formación (até un 10% da puntuación).
REQUISITOS DE TITULACIÓN
Posuír ou estar en condicións de obter a titulación universitaria de grao en filoloxía galega, filoloxía hispánica (subsección galego-portugués), lingua e literatura galegas ou equivalente.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Será de 20 días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Este anuncio publicouse no BOE do 2 de maio de 2023; polo tanto, o prazo de inscrición está aberto do 3 ao 22 de maio de 2023.
Bases xerais, en .pdf (BOP da Coruña do 29 de novembro de 2022)
Bases específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 15 de decembro de 2022)
Anuncio da convocatoria no BOE, en .pdf (BOE do 2 de maio de 2023)
Información sobre este proceso no web do Concello da Coruña aquí.
Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua aquí e aquí.
O Concello da Coruña publica as bases específicas para a provisión definitiva dunha praza de TNL
O Concello da Coruña publicou no BOP do 15 de decembro as bases específicas que regulan o proceso selección dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. No BOP do 29 de novembro xa publicara as bases xerais que rexerán o proxeco de estabilización do emprego temporal na entidade.