O teléfono de atención a persoas demandantes de emprego do Servizo Galego de Colocación é o 902 125 000.
Debido á resolución tardía das convocatorias de subvencións a entidades locais para a normalización lingüística da Xunta de Galicia e á pouca marxe temporal para a súa xustificación, algúns concellos interesados en xustificar estas subvencións están seguindo este mesmo procedemento, polo que é importante que as persoas que estean interesadas nesas ofertas de emprego teñan ao día os seus datos no Servizo Galego de Colocación e que indiquen alí que están interesadas nas ofertas de emprego de normalización lingüística.
O Concello da Coruña busca técnico/a de normalización lingüística
O Concello da Coruña quere contratar con carácter urxente e temporal un técnico ou unha técnica de normalización lingüística. Para iso, están pedindo currículos de licenciados/as en Filoloxía Galega a través do Servizo Galego de Colocación. Entón, as persoas interesadas deben estar inscritas como demandantes de emprego e deben dirixirse o máis axiña posíbel a ese SGC para indicar que están interesadas na oferta do Concello da Coruña e solicitar que se lle envíe o currículo.