O comercio de Pontevedra vai probar en galego

O Concello de Pontevedra pon en marcha, desde o seu SNL, Proba en galego, unha campaña para promover o uso do galego no ámbito do comercio e da pequena empresa. Iníciase cunha serie de obradoiros e charlas

Proba en galego é unha campaña da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, desenvolvida desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL), para promover o uso do galego no ámbito do comercio e da pequena empresa. Con esta campaña, o Concello de Pontevedra dálle continuidade ao labor que desenvolve para normalizar o uso do galego no sector económico con actuacións específicas que se veñen realizando desde o ano 2006.

As primeiras actividades programadas no marco desta campaña son:

XOVES 16 DE FEBREIRO

A situación actual do galego no comercio

Valentina Formoso

MARTES 28 DE FEBREIRO

Obradoiro: Por que non en galego? Percepción da utilidade lingüística no comercio

Reverso Servizos Lingüísticos

MARTES 13 DE MARZO

Obradoiro: Estratexias e boas medidas para tratar situacións complexas

Reverso Servizos Lingüísticos

MARTES 27 DE MARZO

Experiencia práctica de uso do galego

Xosé Lois Vilar. Froitas Vilar

MARTES 10 DE ABRIL

Experiencia práctica de uso do galego

Roberto Rivas. Adega Moraima

MARTES 24 DE ABRIL

Presentación de Aberto ao Galego

A Mesa pola Normalización Lingüística

Info en .pdf>

Todas estas sesións terán lugar ás 21.00 h no Colexio de Xestores/as Administrativos de Pontevedra. Rúa de Blanco Porto 9, 1.º

Os obxectivos de Proba en galego son:

-Dinamizar o uso do galego como lingua normal de comunicación no comercio e na pequena empresa

-Implicar as persoas que traballan no sector do comercio e da pequena empresa na mellora do uso do galego coa clientela e coas empresas provedoras

-Ofrecer espazos de reflexión e traballo para mellorar a calidade da lingua e a seguridade no seu uso no sector

-Estimular a clientela falante de galego para que manteña a súa lingua nas relacións comerciais

-Animar a clientela que non fala galego habitualmente a que probe a facelo

-Facer visible o uso da lingua galega nas relacións comerciais qeu se establecen na cidade

-Darlles continuidade ás campañas específicas para incrementar o uso do galego no comercio local e na pequena empresa que a Concellaría de Normalización Lingüística vén desenvolvendo desde o ano 2006

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio