PROGRAMA
11.30 h ROTEIRO MUSICAL: actividade infantil dirixida polo músico Marcelo González. Durante o roteiro @s moz@s irán reciclando diferentes materiais para construír os seus instrumentos.
Lugar de saída: Casa do pobo do Val-Sobral (Soutomaior)
11.30 h XOGOS TRADICIONAIS: mostra de xogos tradiconais galegos na que os/as participantes poderán coñecer e gozar das diferentes modalidades do xogo tradicional galego. A partir das 12.00 h comezará o campionato de bolos celtas.
Lugar: Carreira de Bolos do Val-Sobral
14.00 h XANTAR: Comida popular e sobremesa con diferentes actividades musicais e intervencións. Os bonos para o xantar (15 euros) poderán solicitarse a través do enderezo electrónico: queremosgalegosoutomaior@gmail.com
16.00 h CASTELOS INCHÁBEIS PARA NEN@S: na Alameda de Talorío
16.00 h FEIRA DO LIBRO: Mostra e venda de libros na que participarán diferentes editoriais e librarías galegas.
Lugar: Rúa Xosé Solla (Arcade – Soutomaior)
16.00 h FEIRA DE ARTESANÍA: Mostra e venda de diferentes produtos artesanais na que participarán artesáns chegados de diferentes lugares do país.
Lugar: Rúa Xosé Solla (Arcade – Soutomaior)
17.00 h ESPECTÁCULOS DE RÚA: Espectáculos de diferentes artistas galegos que amenizarán a xornada con xogos malabares, espectáculos de clown, música, paiasos etc. Nos espectáculos de Rúa contaremos coa presenza das compañías:
Os 7 magníficos +1
O circo escarranchado
Lugar: Rúa Xosé Solla (Arcade – Soutomaior)
17.30 MESA DE DEBATE: “Un futuro en galego: retos de hoxe para unha lingua normalizada”
A palestra contará coas intervencións de:
Anxo Louzao (Secretario nacional de CIG Ensino)
Bieito Lobeira (Deputado e voceiro de lingua do BNG)
Fran Rei (Portavoz da Plataforma Queremos Galego)
Pilar García Negro (Sociolingüista e profesora na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña)
Xosé Henrique Costas (Vicerreitor da Universidade de Vigo e Catedrático de Lingua Galega)
Lugar: Multiusos de Arcade (Soutomaior)
20.30 h CONCERTOS NA ALAMEDA DE TALORÍO
-Güintervan
-Nao
-Os tres trebóns e os homes sen medo
-Som do Galpom
ORGANIZA: Queremos Galego
O Circo da Lingua, o 16 de outubro en Soutomaior
Música, xogos, inchábeis, feira do libro e de artesanía, espectáculos de rúa, mesa de debate, concerto con Güintervan, Nao, Os tres trebóns e Som do Galpom... Unha auténtica festaza, un circo, o sábado 16 de outubro en Soutomaior organizado por Queremos Galego