O Cartafol Dixital, do SNL da USC, chega ao seu número 50

O boletín electrónico do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, O Cartafol Dixital, chega xa ao seu número 50, desde febreiro do ano 2001, cando daquela se publicou o primeiro número.

O Cartafol é unha publicación que naceu hai arredor de 17 anos, en 1992. Desde aquela e até 1996 publicáronse 15 números como publicación independente. Despois, e até o número 24, publicouse conxuntamente xunto cunha revista universitaria, aínda que para singularizado con numeración indepedente. Todo iso, claro está, en papel.

E en febreiro de 2001 volveu da man das novas tecnoloxías, e naceu O Cartafol Dixital, para convivir coa edición en papel de O Cartafol, outra vez como publicación independente.

E agora, a edición electrónica chegou en abril de 2009 ao seu número 50. Neste, entre outros contidos, pódense salientar informacións como: Vocabulario de Medicina, comunicar mellor con presentacións dixitais, a necesidade de educar en galego, etc.

O Cartafol Dixital, editado polo SNL da USC, mantén o esquema xeral de Axenda, Principal (portada e novas), Ruxe ruxe (con información publicadas noutros medios), Pasa a folla (con recensións e análises de publicacións e outras ferramentas), e Sube e baixa (con comentarios sobre cuestións que gustan e cuestións que disgustan).
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio