En galego? —SI, en GALEGO. Descubre como o galego é unha oportunidade, é unha lingua moito máis viva e dinámica do que cres. Súmate a este proxecto no que coñecerás moitas persoas que xa descubriron que o galego non é ningunha barreira no mundo académico ou profesional. Polo contrario, é unha oportunidade para as e os emprendedores, para as científicas e científicos, para comunicármonos.
Así se presenta Proxéctate en galego, un espazo, un obradoiro, un foro de debate onde a Universidade se conecte coa sociedade en clave galega.
Este Foro desenvolverase entre os días 18 e 20 de outubro de 2013 na Casa do Saber-Vicerreitoría do Campus de Lugo.
No programa (aquí podes descargalo en .pdf), o galego nos tempos de lecer; as actitudes lingüísticas; as/os galegas/os diante da súa lingua; a lingua e o consumo consciente de alimentos, bens e servizos; o patrimonio, etc.
O prazo de matrícula remata o vindeiro 15 de outubro.
O Campus de Lugo da USC acolle o Foro Proxéctate en Galego
As comisións de normalización lingüística do Campus de Lugo da USC organizan o Foro 2013 Proxéctate en Galego, un espazo de reflexión e debate sobre a normalización do idioma galego destinado á comunidade universitaria que terá lugar do 18 ao 20 de outubro