O programa desta VI Xornada de Onomástica Galega incidirá no estudo dos nomes de lugares que atravesan as rutas que conforman o Camiño de Santiago da man de especialistas de distintas disciplinas.
A evolución dos nomes de Gallecia e Spania ao longo da Idade Media e os nomes literarios no Códice Calixtino, a presenza da onomástica de Santiago máis alá de Galicia ou a aplicación didáctica da toponimia do Camiño nas aulas son algúns dos aspectos que se tratarán nas intervencións previstas. A xornada rematará cunha mesa redonda en que se debaterá, dende distintas perspectivas, os estudos toponímicos do Camiño e a posibilidade de que Galicia se constitúa como centro dos estudos onomásticos en Europa.
PROGRAMA
SESIÓN DE MAÑÁ
10:00 h: inauguración
10:30 h: Regnante in Spania et in Gallecia. Evolución semántica dos dous corónimos ao longo da Idade Media, Anselmo López Caarreira (UNED-Ourense)
O topónimo Santiago no mundo
11:15 h: Santiago na onomástica da Península (topónimos, apelidos, nomes), Sandra Beis Silva (IES da Illa de Arousa)
11:45 h: O topónimo Santiago en América, Pilar Cagiao (Universidade de Santiago de Compostela)
12.30 h: descanso
Experiencias didácticas no ensino
13:00 h: A microtoponimia do Camiño. Experiencia didáctica no CEIP Agro do Muíño de Ames, Mª Carmen Liñares (CEIP Agro do Muíño)
13:30 h: Imos por Ames. Un percorrido didáctico polo Camiño Portugués en Ames, Xano Cebreiro (IES do Milladoiro)
14:00 h: debate
SESIÓN DE TARDE
16:30 h: Notas sobre a toponimia galaico-portuguesa do Códice Calixtino: urbs Adania, José María Anguita Jaén (Universidade de Santiago de Compostela)
17:00 h: Galicia como impulsora en Europa dos estudos toponímicos sobre o Camiño, mesa redonda moderada por Luz Méndez
– Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística
– Eduardo López Pereira, membro da Academia Xacobea
– Cristina Sánchez Carretero, antropóloga, Sección de patrimonio do Consello da Cultura Galega
– Gonzalo Navaza, membro correspondente da Real Academia Galega
18:00 h: debate
18:30: clausura
As sesións desenvolveranse no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa de P. Amoedo Carballo, 3, Pontevedra) e os relatorios tamén serán emitidos en directo a través de academia.gal
INSCRICIÓNS
A inscrición na xornada é gratuíta. Para asistir é necesario formalizala enviando un correo electrónico antes do 14 de outubro a publicacions@academia.gal onde figuren os seguintes datos:
– Nome e apelidos
– DNI
– Teléfono
Ao final da xornada entregarase un diploma de asistencia.
Máis información aquí.
Programa en .pdf
A Real Academia Galega e a Deputación de Pontevedra coorganizan dende 2016 as xornadas anuais do Seminario de Onomástica da RAG, que estiveron dedicadas en edicións anteriores á microtoponimia, aos nomes e apelidos, aos alcumes, aos nomes das rúas e aos nomes comerciais.
O Camiño de Santiago será o eixo temático da VI Xornada de Onomástica Galega
A Real Academia Galega, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, organiza o 16 de outubro a VI Xornada de Onomástica Galega. Neste ano xacobeo estará dedicada á onomástica do Camiño de Santiago. A inscrición está aberta até o 14 de outubro.