O bUSCatermos é unha completa base formada a partir da compilación, tratamento e reelaboración de dicionarios, glosarios e vocabularios técnicos que teñen o galego entre as súas linguas de traballo, así como das propostas terminolóxicas elaboradas polo Servizo de Normalización Lingüística da USC para darlle resposta a dúbidas concretas. En total, ofrece información sobre máis de 150.000 conceptos das áreas especializadas máis diversas fundamentalmente en castelán, inglés e portugués, pero tamén noutras como o catalán ou o italiano.
Para cada un dos conceptos colectados por esta base recóllense as denominacións máis habituais en galego e, case sempre, tamén as empregadas nas linguas do contorno máis inmediato, fundamentalmente en castelán, inglés e portugués. A suma de todas estas formas lingüísticas supera as 450.000 entradas, o que o converte nun dos recursos lexicográficos máis amplos existentes para a lingua galega. Ademais, en cada entrada recóllese a área temática á que pertence cada conceptos, a súa definición e as fontes en que se documenta toda a información recollida.
O bUSCatermos está dispoñible en: http://www.usc.es/buscatermos
Fonte: USC
O bUSCatermos, a gran base terminolóxica do galego, xa se pode consultar aberto en liña
A base de datos en liña de terminoloxía técnica multilingüe da USC, bUSCartermos, xa está en liña a disposición de todas as persoas interesadas, con máis de 150.000 conceptos e con máis de 450.000 entradas