O amor en galego ten premio

O Certame de Cartas de Amor de Radio Fene (Radiofusión) cumpre 15 anos. O evento xira arredor do día da Candeloria, o 2 de febreiro, cando casan os paxariños, e mais do Día de San Valentín, 14 de febreiro, patrón d@s namorad@s

Desde 1997 a emisora municipal Radio Fene convoca o seu concurso de cartas de amor que nesta edición ten como premio unha cea e unha noite romántica no Hotel Hesperia Ferrol.

As persoas interesadas deben enviar as cartas, en prosa ou en verso, en lingua galega, e que non excedan dun folio, ou 1650 caracteres, a:

Radio Fene

Casa do Concello

15500 Fene

Terán que enviarse asinadas cun seudónimo e nun sobre pechado á parte co seudónimo no exterior, e o nome completo, enderezo e teléfono no interior. Tamén se poden enviar por correo electrónico a direccion@radiofusion.eu

Prazo

As cartas poden enviarse ata o dia 12 de febreiro, inclusive.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio