ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
De acordo cos Estatutos da CTNL, é competencia da Asemblea Extraordinaria (artigo 15) aprobar a modificación do texto que regula a asociación. Dado que é necesario modificar o artigo 4 por mor dun cambio no domicilio social, convócase unha asemblea xeral extraordinaria.
– Día: sábado 6 de marzo de 2021
– Hora: primeira convocatoria ás 10.00 h e segunda convocatoria ás 10.30 h
– Lugar: en liña, a través da plataforma Jitsi Meet
Orde do día:
1. Modificación do artigo 4 dos Estatutos por cambio de domicilio social. [Proposta de modificación dos Estatutos da CTNL]
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
De acordo tamén cos Estatutos da CTNL, a asemblea xeral ordinaria anual terá lugar no prazo de tres meses tras o peche do exercicio anterior (artigo 18):
– Día: sábado 6 de marzo de 2021
– Hora: primeira convocatoria ás 10.15 h e segunda convocatoria ás 10.45 h
– Lugar: en liña, a través da plataforma Jitsi Meet
Orde do día:
1. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior [Acta da Asemblea Xeral ordinaria do 7 de marzo de 2020]
2. Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas
3. Exposición, debate e aprobación do informe de xestión [Informe de xestión 2020-2021]
4. Exposición, debate e aprobación do informe de contas [Informe económico 2020-2021]
5. Exposición, debate e aprobación do plan de acción para o próximo exercicio e 25 aniversario da CTNL [Proposta de liñas de acción para 2021-2022]
6. Presentación e aprobación do orzamento para o vindeiro exercicio [Previsións orzamentarias para 2021]
7. Rolda aberta de intervencións
DOCUMENTACIÓN PARA A ASEMBLEA
Para preparar mellor as achegas e propostas das/dos participantes na asemblea e así facermos entre todas e todos una asemblea máis áxil, dinámica, participativa e produtiva, unha semana antes da asemblea poderá consultarse no web a documentación necesaria.
As/Os socias/os poden remitir ao enderezo electrónico info@ctnl.gal todas as ideas e propostas que teñan e que crean que a CTNL pode desenvolver, alén de presentar propostas, suxestións e ideas na propia asemblea.
ASEMBLEAS EN LIÑA
A causa da situación sanitaria e coas restricións de mobilidade en vigor na actualidade, vémonos na obriga a realizar as asembleas en liña. Empregaremos para isto a plataforma gratuíta e de código aberto Jitsi Meet, que se pode empregar vía web sen inscrición ou descargarse de balde en dispositivos móbiles.
Co fin de xestionar o mellor posible ambas as asembleas imos pedirche varias cousas:
1. É necesario que te anotes como asistente ás asembleas enviando unha mensaxe de correo electrónico a info@ctnl.gal. Deberás indicar o teu nome e o enderezo de correo electrónico onde queres recibir a ligazón para acceder á asemblea. Agradecémosche que te inscribas até o 1 de marzo.
2. Cando accedas á plataforma, procura pór un nome que te identifique, para que poidamos recoñecerte mesmo se non funciona a cámara ou non a queres activar.
3. Durante as asembleas, cando non esteas a falar, procura ter o micro apagado para que non haxa interferencias. Para pedir a palabra podes empregar a ferramenta de erguer a man.
4. As votacións faranse preferentemente a través do chat dispoñible na plataforma.
5. Para que, aínda que poida haber algún problema técnico, todas as túas propostas cheguen sen problema á asemblea e á directiva, procura envialas con antelación por escrito a info@ctnl.gal; farémosllas chegar a todas as persoas inscritas para que poidan telas en conta.
Convocatoria completa, en .pdf
O 6 de marzo, asembleas extraordinaria e ordinaria da CTNL
A CTNL convoca os/as seus/súas socios/as a dúas asembleas que terán lugar en liña na mañá do sábado 6 de marzo. A primeira convocatoria é para unha asemblea extraordinaria, por ser preciso modificar un detalle dos estatutos. A segunda é para a asemblea xeral ordinaria anual, onde se acordará o traballo para este 2021.