O 12 de decembro, da mañá á noite Convers-Ando en Vigo

CambiaGalicia organiza "Da mañá á noite Convers-Ando", unha iniciativa para tentar facer reflexionar á poboación sobre o galego, partindo de actividades lúdicas que terán lugar no barrio do Calvario en Vigo este sábado 12 de decembro.

“Nós, como a maioría da poboación galega, vivimos co galego, no galego, polo galego e gústanos vivir así (ou coñecen a alguén que fale castelán e non diga “concello”, “lixo”, “e logo?”, “pota”…?). O galego, coma o mar de Vigo, abre as portas, pode acoller porque ten raíces, sabe de onde somos e cara onde imos. O galego non é un invento, non é unha materia de instituto, non é algo inútil nin moito menos unha imposición, é a nosa maneira de poder facer o mundo máis rico, é o noso pasado, presente e futuro. Nós non só nos interesamos por falar con quen fica lonxe (porque a sorte de falar galego ábrenos a porta a 200 millóns de persoas de fala portuguesa e nos axuda a aprender máis idiomas!) senón que nos interesamos primeiro por falar con quen temos preto. Como as castañas, é hora de saír do ourizo e deixar atrás os complexos. Aquí estamos para conversar, porque o mellor que se pode facer pola lingua é falala!”

Desde as 10.30 h – Conversas no Mercado do Calvario: conta as túas ideas, deixa as túas mensaxes.

Desde as 17.00 h

Animación para crianzas

Xogos infantís

Unha tarde na peixería

Animación para a mocidade

Safari fotográfico

No serán, desde as 19.30 h, actividades nos bares do Calvario

Toda a información no blog de Convers-Ando
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio