A Síntese gramatical, elaborada por Xesús M. Mosquera Carregal e Sara Pino Ramos, trátase dun compendio accesíbel que pretende achegar unha visión global da gramática galega, lonxe de contidos teóricos e de abstraccións e que prima a practicidade e mais o acceso directo á información. O documento pode descargarse nesta ligazón.
O segundo recurso dispoñíbel na rede son as palestras das V Xornadas Lingua e Usos: Lingua e Docencia Universitaria, que tiveron lugar na Coruña os día 12, 13 e 14 de novembro. Delas pode descargarse, nesta ligazón, tanto as gravacións como as presentacións que se empregaron.
Novos recursos no web do SNL da UdC
Nas últimas datas, o SNL da UdC publicou no seu web algúns recursos para consultar ou descargar. Trátase dunha "Síntese gramatical" e das conferencias das V Xornadas Lingua e Usos: Lingua e Docencia Universitaria.