Novo Regulamento de usos lingüísticos da USC

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela aprobou o 28 de outubro un novo Regulamento de usos lingüísticos da USC que actualiza o anterior texto normativo de 1993. O novo regulamento busca adaptarse a realidades, como as novas tecnolóxicos ou os contextos multilingües, que o anterior texto non consideraba.



O Regulamento de usos lingüísticos da USC pretende asegurar o status de lingua propia do galego; garantir os dereitos lingüísticos de toda a comunidade universitaria e da cidadanía en xeral; e contribuír ao uso do galego en ámbitos en que carece dunha presenza equilibrada e á proxección internacional da institución compostelá.

Dende 1993, data de aprobación do anterior regulamento nesta materia, as circunstancias mudaron, especialmente, da man das novas tecnoloxías, da aparición de contextos multilingües e da internacionalización, que entraron transversalmente e a fondo en todas as estruturas universitarias, creando novos espazos de comunicación e novas necesidades que o texto precedente non consideraba. O regulamento aprobado afonda no papel dinamizador do uso do galego que a USC, como institución pública, debe desenvolver.

O documento aborda o uso da lingua en relación coa imaxe institucional e corporativa, os usos lingüísticos institucionais, académicos, internos, na Administración, nas relacións coa cidadanía, nas comunicacións con outras institucións e entidades, ou nas publicacións e publicidade, entre outros ámbitos.

Acordo de aprobación do Regulamento no Repositorio institucional da USC, en .pdf (sete páxinas que inclúen o texto completo do regulamento).

Texto completo do regulamento no Kit para a normalización en rede, en .pdf (cinco páxinas)
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio