Novo recurso terminolóxico: Vocabulario de morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria,

Esta semana presentouse, na Facultade de Veterinaria da USC, o Vocabulario de morfoloxía, anatomía e citoloxía veterinaria, un proxecto terminolóxico en que participaron tres veterinarios e tres expertos en terminoloxía, coa coordinación de Xusto Rodríguez Río, da Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización da USC.

O vocabulario, que se pode consultar e descargar en formato PDF na páxina do SNL da USC, conta con 2.715 entradas, para as que se presenta a versión en galego, inglés e castelán, para alén do termo latino cando existir.

Cómpre salientarmos que neste proxecto traballaron catro membros da CTNL, Xusto Rodríguez Río (Área de Terminoloxía do SNL da Universidade de Santiago de Compostela) como coordinador, Nel Vidal Barral (técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo), Concepción Diéguez Diéguez (técnica lingüista de Reverso Servizos Lingüísticos) e Xoán Antón Lado Lago (técnico lingüista de Reverso Servizos Lingüísticos).
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio