Novo blog do SNL do Concello de Zas

O SNL do Concello de Zas creou un blog cos obxectivos de ter presenza na rede Internet, difundir actividades, novas e recursos de lingua e permitir o contacto da cidadanía co servizo

A través deste servizo os/as visitantes poden obter información das distintas actividades de dinamización lingüística que organizan dende o Concello, acceder a recursos lingüísticos espallados pola rede, consultar dúbidas ou contactar co servizo. Ademais os/as visitantes poderán manterse informados/as sobre a actualidade arredor da lingua galega, xa que a través deste blog se poden ler as novas publicadas por outros medios.

O blog está accesíbel a través do enderezo http://snlzas.blogaliza.org.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio