Calquera empresa ou comercio que estea radicado no municipio de Santiago pode optar ao premio. Poden propoñelo os seus representantes ou propietarios/as ou tamén pode suxerilo calquera persoa ou entidade que o considere merecente deste galardón. Para formular as propostas de candidatura chega con comunicalo ao Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago (dlg@santiagodecompostela.org / 981 542 409) ou ao Departamento de Comunicación da Cámara de Comercio (981 596 800) antes do 29 de novembro.
DÚAS CATEGORÍAS
As bases do premio diferencian dúas categorías: empresas que veñen utilizando o galego de maneira continuada e empresas que galeguizaron recentemente a súa comunicación (porque son de nova creación ou porque mudaron os seus usos hai pouco tempo). O xurado tamén pode outorgar unha distinción especial a unha persoa ou entidade que contribuíra significativamente á normalización lingüística no ámbito empresarial.
A entrega de premios terá lugar o 13 de decembro.
Máis información no web do Concello de Santiago de Compostela >
Nova edición do Premio Manuel Beiras para recoñecer o uso do galego nas empresas da capital galega
O Concello de Santiago e mais a Cámara de Comercio convocan a XIV edición do Premio Manuel Beiras, unha iniciativa que recoñece o uso do galego no ámbito empresarial compostelán. O prazo para presentar propostas está aberto até o 29 de novembro