Nova edición das Xornadas Malas Linguas da Deputación da Coruña

A Deputación Provincial da Coruña organiza unha nova edición das xornadas Malas Linguas: activando falantes do século XXI, que terán lugar en liña o 10 e o 12 de novembro. A inscrición é gratuíta e está aberta aquí.



O ciclo de xornadas Malas Linguas: activando falantes do século XXI continúa este ano con dúas citas en liña, de dúas horas de duración (das 17.00 ás 19.00 h) e de aceso libre para calquera persoa interesada. As xornadas Malas Linguas están organizadas pola Sección de Normalización Lingüística da Deputación Provincial de Coruña.

A actividade formativa e de reflexión complétase cunha sesión de traballo interna dirixida exclusivamente á rede de técnicos/as de normalización lingüística dos concellos da provincia, que terá lugar o 17 de novembro entre as 10.00 e as 11.30 h.

PROGRAMA DAS XORNADAS ABERTAS



Día 10 de novembro: Boas prácticas para as linguas minorizadas do estado

– 17.00 h: benvida de María Muíño, delegada de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña

15.15-18.30 h: mesa redonda con:

> Paula Kasares, Universidade Pública de Navarra

> Isaac Lourido, Universidade da Coruña

> Xian Naia, investigador

– 19.00 h: remate

Día 12 de novembro: Revitalización lingüística en linguas ameazadas

– 17.00 h: benvida

15.15-18.30 h: mesa redonda con:

> Mònica Barrieras, Universidade de Barcelona e membro do Grup d´Estudi de Llengües Amenaçades (GELA)

> Itziar Idiazabal, Universidade do País Vasco

– 19.00 h: remate

INSCRICIÓN

As sesións abertas poderanse seguir libremente a través de YouTube ou participar por medio de Zoom, para o que é necesario inscribirse aquí. Para a sesión de traballo interna do día 17 tamén cómpre inscrición na mesma ligazón.

Máis información no web da Deputación da Coruña
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio