Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación

Nas próximas semanas estará nas librarías galegas Nos camiños do entusiasmo, un libro de Goretti Sanmartín no que se abordan os problemas máis urxentes do galego na actualidade e no que se realiza un percorrido crítico por dúas ferramentas que puideron ser fundamentais: o Plan xeral de normalización da lingua galega e o acordo normativo de 2003

Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación pretende, fundamentalmente, ligar a defensa do idioma galego co emprego dun modelo de lingua culto que incida na recuperación do prestixio e da dignidade que aínda está a precisar para ocupar o espazo que merece como lingua propia deste país.

Desde esta perspectiva xeral, este ensaio de Goretti Sanmartín Rei combina a análise das políticas lingüísticas desenvolvidas nos últimos anos, a revisión de conceptos fundamentais neste ámbito de fonda tradición entre o movemento nacionalista, mais cada vez máis cuestionados socialmente, coa reivindicación de textos e personalidades relevantes da nosa particular tradición sociolingüística, para contribuír coa súa (re)lectura a nos sentirmos elos dunha cadea que debemos transmitir con entusiasmo.

Nesta dramática mais esperanzada viaxe a autora contextualiza textos e interpretacións de diversos autores, nun intento de recuperar algunhas das voces que deseñaron unha necesaria política para a lingua que precisa anovar os discursos e constituír un referente recoñecido tanto social como academicamente.

Goretti Sanmartín Rei é profesora titular de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña e formou parte durante dous anos, da Comisión de Seguimento e Impulso do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Na actualidade é, ademais, directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña.

O libro, editado por Xerais, estará á venda na última semana de xaneiro.

XERAIS ENSAIO (1383022)

176 páxinas

ISBN: 978-84-9782-949-6

PVP: 16,00 €
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio