O portal Culturagalega.org publica unha reportaxe sobre “Normalizar onde se fala galego”, realizaa a raíz do debate sobre “Concellos rurais de maioría galegofalante. Que cómpre facer polo galego?”, que tivo lugar no III Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña, e no que, moderados polo decano do Colexio de Xornalistas Xosé Manuel Pereiro, participaron os alcaldes de Cabana de Bergantiños, José Muíño (PP) e Santiso, Ovidio Leiva (independente) e a alcaldesa de Vilasantar, Manuel García Freire (BNG).
A reportaxe, na que se recollen declaración de Xosé Manuel Pereiro e de Manuel García Freire, pode consultarse aquí.
Normalizar onde se fala galego
"O traballo a prol da nosa lingua tamén é necesario onde a maioría da poboación xa a fala". Esta é a principal conclusión da reportaxe que publica o portal Culturagalega.org a raíz do debate do III Encontro de política lingüística desde as administracións locais da Coruña que tivo lugar o pasado 21 de outubro.