No novo curso da CTNL aprenderemos a empregar as redes sociais como ferramentas valiosas para a NL

A CTNL organiza os días 17, 24 e 31 de outubro o curso As redes sociais, unha ferramenta valiosa para a normalización lingüística. O curso terá lugar en Compostela e impartirao Verónica Ramallal Trevín, licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo e CEO de Pekecha.

POR QUE ESTE CURSO?

As finalidades deste curso son:

  • Coñecer de primeira man as posibilidades e oportunidades que ofrece a contorna dixital en procesos de normalización lingüística.
  • Descubrir as principais ferramentas, como poden axudarnos en cada proceso (ou mesmo ás veces prexudicarnos), aprender a deseñar unha estratexia marcada e conseguir optimizalas para que con menos investimento de tempo e recursos poidamos sacarlles o máximo proveito.
  • Aprender a empregar a creatividade nelas para usar valor de marco.

OBXECTIVOS DO CURSO

  • Coñecer aos principais recursos dixitais que temos á nosa disposición.
  • Entender as tendencias, como son os hábitos de consumo delas e o seu uso.
  • Aprender as súas dinámicas internas.
  • Descubrir como crear unha estratexia tanxible e medible con base nos obxectivos.
  • Ver casos prácticos de éxito.
  • Coñecer a linguaxe dixital que conforma todo o que é unha estratexia de márketing dixital.

CONTIDOS

  • Módulo 1. A contorna dixital na actualidade
    • O proceso de transformación dixital que estamos vivindo.
    • Oportunidades e ameazas da nova contorna.
    • Chegou a IA. Cara a onde imos?
    • Centrémonos no máis aplicable, que está funcionando? Exemplos prácticos
    • Landings e redes sociais
  • Módulo 2. As redes sociais en profundidade
    • Situación actual do panorama das redes sociais.
    • Unha por unha: Facebook
    • Pinterest
    • X
    • Instagram
    • Tik Tok
    • Cal é a máis adecuada para min?
    • Práctica
  • Módulo 3
    • Calendario editorial
    • Modelos de IA para auxiliar procesos
    • Ferramentas de uso máis práctico. Aplicación práctica.
    • A importancia do libro de estilo para a xeración de marca.
  • Módulo 4
    • Os podcast e streaming en desenvolvemento.
    • Canles de vídeo
    • Xeración de engagement
  • Módulo 5
    • As comunidades virtuais. Tipos de perfís. Segmentación de target e comunidade.
    • Campañas disruptivas. Exemplos. Vantaxes e desvantaxes.
    • Medición de datos e retargeting
    • Campañas de ADS. G.Grants

Peche da formación con presentación e intercambio, sobre cada proxecto, de práctica e impresións. Brainstorming final e conclusións. 

DOCENTE

  • Verónica Ramallal Trevín, CEO de Pekecha
    • Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, cun máster pola Escola de Medios de La Voz de Galicia e curso de aptitude pedagóxica pola Universidade de Santiago de Compostela.
    • Na actualidade é a CEO de Pekecha como formadora en áreas de Márketing Dixital para cámaras de comercio, confederacións empresariais e varias universidades e escolas de negocio.

PERSOAS DESTINATARIAS

  • Técnicos/as de servizos de normalización lingüística (SNL)
  • Traballadores/as de empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización da lingua
  • Membros de equipos de normalización e dinamización da lingua do ensino
  • Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua
  • Límite de prazas: 25

DURACIÓN DO CURSO

  • 15 horas

DATAS E HORARIO

  • 17 de outubro de 2024, en horario de 9.00 a 13.30 h (aula B13)
  • 24 de outubro de 2024, en horario de 9.00 a 13.30 h (aula D07)
  • 31 de outubro de 2024, en horario de 9.30 a 13.30 h e de 16.00 a 18.00 h (aula D07)

LUGAR DO CURSO

  • Na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela(Campus Norte, avenida de Castelao, s/n, Santiago de Compostela)

PREZO

  • Para socias/os da CTNL: 30 euros
  • Para estudantes ou persoas desempregadas: 45 euros
  • Para non socias/os da CTNL: 80 euros

PRAZO DE INSCRICIÓN

  • Do 16 de setembro ao 7 de outubro de 2024

AVISO: non se habilitará o formulario de inscrición ata que comece este prazo.

ORGANIZA

  • Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

COLABORAN

  • Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Filoloxía)
  • Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (Secretaría Xeral da Lingua)
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio