No meu mar, na miña lingua é un traballo de investigación e recuperación de léxico mariñeiro vinculado coas embarcacións tradicionais e cos deportes náuticos de remo e vela que realizaron ao longo deste curso 2007/2008 no IES Félix Muriel de Rianxo a través do seu Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.
Na súa revista dixital Bico da Ría poden consultarse os materiais lexicográficos que xerou o proxecto: vocabularios e láminas de embarcacións.
A propósito da publicación dos resultados deste proxecto, o portal Culturagalega.org achega un audio no que Valentina Formoso, coordinadora do ENDL, presenta a iniciativa.
No meu mar, na miña lingua
O ENDL do IES Félix Muriel de Rianxo dá a coñecer os resultados do proxecto No meu mar, na miña lingua, que durante este curso o alumnado do centro desenvolveu partindo da recollida de vocabulario a pé de mar.