Nadal galego e verde: guía do Consello da Xuventude

O Consello da Xuventude, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística e da Área de Medio Ambiente, elaborou a guía O noso Nadal, galego e verde, que ten por obxectivo principal promover entre a cidadanía un Nadal en galego e un Nadal verde.

A guía consta de dúas partes diferenciadas: a guía de galego e a guía verde. Na guía de galego é onde se ofrece información para vivir un Nadal integramente en galego e recuperar tradicións que se están a perder ou son descoñecidas entre a poboación xuvenil, como poden ser os cantares de Nadal ou algunhas receitas típicas galegas propias desta época. Por outra banda, tamén se dan algunhas suxestións para agasallar literatura, música ou novas tecnoloxías en galego.

Ademais a guía recolle cinco contos de Nadal, creados especialmente para esta ocasión por Anxos Sumai, Francisco Castro, Santiago Jaureguizar, Tamara Canosa e Victoria Rozados. Tamén se recollen dous contos tradicionais de H. C. Andersen: O Abeto e A nena dos mistos.

A guía distribuíuse de balde o domingo 21 de decembro xunto co xornal Galicia Hoxe, e agora pode descargarse en formato .pdf a través do web dese xornal.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio