Naceu Sermos Galiza, a información precisa en galego na rede

Xa está na rede o novo xornal dixital en galego, Sermos Galiza, que se presenta como "a información precisa" e que a partir do 17 de maio tamén será un semanario en papel

O grupo de comunicación de iniciativa social Sermos Galiza, do que forman parte máis de 900 accionistas, xa lanzou o seu primeiro proxecto xornalístico, o xornal dixital Sermos Galiza, que está na rede desde o 26 de abril de 2012.

Este novo xornal dixital conta con seis grandes seccións informativas: Galiza (Política, Social, Económica e Lingua), Internacional (Euskal Herria, Països Catalans, Lusofonía e Mundo), Cultura (Ao vivo, Arte, imaxe, patrimonio e Letras e ideas), Ciencia, Deportes e Opinión.

O equipo de redacción inicial deste novo medio en galego está composto por Antón Fernández Escuredo, Beti Vázquez, Carme Vidal, Rodri Suárez e Xesús M. Piñeiro.

Ademais, xa anunciaron que o día 17 de maio estará na rúa o semanario en papel que leva o mesmo nome, e que se distribuirá con subscrición e tamén en quioscos.

Desde a CTNL felicitamos de xeito entusiasta esta iniciativa, así como as outras que xa naceron este ano: Praza Pública e Dioivo.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio