Este novo recurso, dispoñíbel en http://galegobook.blogspot.com, pretende pór accesíbel os textos que se publican arredor da lingua galega e que posúen versión electrónica (pdf ou epub).
Para facilitar a procura de material, o Galegobook conta tamén cun índice por autoría e por título.
Na actualidade, o blogue está en fase de construción, polo que non estean referenciadas moitas das obras dispoñíbes na rede. Con todo, conta xa con 114 documentos para descargar.
Tamén o proxecto inclúe unha páxina de Facebook onde compartires, comentares e contribuíres ao proxecto
Nace Galegobook, biblioteca en liña de referencias sobre o galego
Máis de cen obras de 90 autores/as son as primeiras a que poderás acceder dende un novo recurso, Galegobook, proxecto sen ánimo de lucro que pretende ser un espazo onde publicar, compartir e conversar sobre un gran número de libros electrónicos que circulan pola rede sobre lingua (gramática, fonética, sociolingüística, manuais, terminoloxía...)