Nace Cartafol, o novo semanario do ensino galego

Neste mes de febreiro naceu a revista Cartafol, un semanario en galego sobre o ensino que ten como un dos seus temas principais a normalización lingüística

Cartafol é un novo semanario sobre o ensino galego que ten como base temática a educación en Galiza. Os temas principais que trata son a normalización lingüística, novas da Consellaría de Educación e dos sindicatos do ensino, protestas dos centros, ofertas de cursos, etc.

Funciona baixo subscripción, aínda que este primeiro mes de febreiro chega aos colexios de xeito gratuíto.

Cartafol.gl

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio