Nace a plataforma cidadá Queremos Galego

Ante as diversas medidas e anuncios encamiñados á desprotección oficial do galego e a dar graves pasos atrás no proceso de normalización da lingua galega por parte do goberno da Xunta, constituíuse a plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO, que acaba de se presentar e que nace coa pretensión de unir persoas e entidades de todos os ámbitos para a defensa da lingua galega.



Os principios básicos que unen a todas as persoas e entidades que forman QUEREMOS GALEGO son:
  • A lingua galega é patrimonio e ferramenta de comunicación do pobo galego, e as institucións públicas teñen a responsabilidade e obriga de protexela e promocionala.


  • A normalización lingüística ten que ser un proceso progresivo, polo que desde as institucións públicas non se poden tomar medidas que desprotexan ou reduzan a presenza do galego en ningún ámbito.


  • Os acordos asinados por todos só poden ser substituídos por acordos asinados por todos, e o consenso para a lingua galega está no fixado no Plan xeral de normalización da lingua galega aprobado por unanimidade no Parlamento galego en 2004, así como na Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias, ratificada por unanimidade polo Congreso español en 2001.


As accións, actividades, iniciativas, etc., que desenvolva a plataforma QUEREMOS GALEGO serán as que democraticamente se decidan no seu plenario, sempre de acordo cos seus principios básicos e coas súas normas mínimas de funcionamento.

Inicialmente xa hai dúas accións previstas, que son a convocatoria dunha manifestación en defensa da lingua galega que terá lugar o domingo 18 de outubro en Santiago de Compostela e unha iniciativa lexislativa popular para levar ao Parlamento Galego a voz da cidadanía en defensa da lingua galega.

Poden formar parte de QUEREMOS GALEGO todas as persoas e entidades que compartan os principios básicos da plataforma. Entre os constituíntes iniciais da plataforma está tamén a CTNL.

A plataforma, que acaba de ser presentada publicamente, creará nas próximas semanas un sitio web propio.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio