Nace a Irmandade da Sanidade Galega para impulsar a lingua

No círculo de entidades de Galeguizar Galicia crean unha nova asociación, neste caso para impulsar o "humanismo e a normalización" na sanidade galega. O acto de constitución terá lugar na Estrada o 29 de outubro

O clúster de asociacións Galeguizar Galicia crea unha nova entidade, a Irmandade da Sanidade Galega, que se suma así ao Foro Enrique Peinador, á Asociación Álvaro das Casas, á Asociación de Amigos do Couto Mixto, á Fundación Lois Peña Novo, á Irmandade Xurídica Galega e á Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.

Segundo informan no web de Galeguizar Galicia, “Esta nova entidade, que terá ámbito de toda a Comunidade Autónoma de Galicia, vai estar integrada por persoal da sanidade pública e privada (médicos, boticarios, veterinarios, enfermería…) e profesionais da docencia nas ciencias médicas, ten dous obxectivos: o impulso do humanismo e a normalización da lingua galega neste ámbito, e buscará a súa extensión territorial realizando actos por Galicia enteira, fomentando tamén a figura de médicos senlleiros e humanistas que entenderon a medicina como unha ciencia sempre asociada á idiosincrasia do noso pobo.”

O acto de constitución terá lugar o sábado 29 de outubro na Estrada, e consistirá na “imposición de becas aos 35 primeiros membros -todos eles destacados profesionais-, e a lección inaugural a cargo do psiquiatra e Dr. Emilio González”.

Tamén haberá unha homenaxe a Manuel Reimondez Portela, cunha conferencia de Valentín García Gómez.

+info en Galeguizargalicia.com >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio