Forman parte de Diverslinguae A Mesa pola Normalización Lingüística, a Fundación Aurten Bai, Euskara Kultur Elkargoa e o CIEMEN (Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i les Nacions), entidades que manteñen unha colaboración permanente e prolongada no tempo e que integran o Comité do Estado Español da Axencia Europea das Linguas Minorizadas (EBLUL– European Bureau for Lesser-Used Languages).
Entre as misións desta nova asociación está a de monitorizar o cumprimento da normativa en materia de dereitos lingüísticos, algo que xa se vén facendo desde EBLUL, unha asociación que naceu a instancias do Parlamento Europeo e que colabora ademais con outros organismos internacionais, como o Consello de Europa, o Comité das Rexións e a UNESCO, entre outros.
Esta nova asociación está presidida por Carlos Manuel Callón Torres, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.
Nace a asociación Diverslinguae para fomentar o plurilingüismo no Estado español
A mediados do mes de decembro de 2008 presentouse a asociación Diverslinguae, que nace co obxectivo de dar a coñecer a realidade plurilingüe do Estado español e defender os dereitos lingüísticos dos pobos con idiomas minorizados no ámbito estatal.