Na Estrada, polo dereito

A Irmandade Xurídica Galega e mais o Concello da Estrada organizan o sábado 24 de setembro unha xornada sobre a galeguización do Dereito, dirixida especialmente aos/ás operadores/as xurídicos/as do partido xudicial da Estrada

Os obxectivos deste evento son promover o uso do galego nos procedementos xudiciais perante todos os órganos xurisdicionais, así como realizar unha solicitude expresa para que estes dicten resolución na nosa lingua.

Pola súa parte, o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello da Estrada colaborará coa tradución e corrección dos documentos que se lle soliciten.

Esta acto será tamén unha homenaxe a Fermín Bouza Brey.

17.00 h. Descuberta de placa na casa de D. Fermín Bouza Brey na rúa Calvo Sotelo.

17.30 h Acto no Teatro Principal de sinatura de documento de compromiso con galego por parte de avogados e procuradores, e presentación do Libro “D. Fermín Bouza, xuíz e Galeguista”

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio