Múltiples actividades do SNL de Pontevedra en abril

I Club de Debate do Concello de Pontevedra, obradoiros para a mocidade, roteiros, etc., son algunhas das actividades organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra durante o mes de abril

O SNL do Concello de Pontevedra organiza no mes de abril o seu I Club de Debate, do que o 17 de abril terá lugar unha fase eliminatoria e o 24 de abril a fase final. Esta actividade está organizada en colaboración cos ENDL dos IES de Pontevedra, o Pazo da Cultura e a Fundación Caixa Galicia.

Ademais, ao longo do mes de abril, desde o SNL desenvolveranse outras actividades, como unha exposición sobre Brais Pinto; unha conferencia de Herminio Barreiro, membro do grupo Brais Pinto; un obradoiro de hip hop, coa rapeira Aíd; obradoiros para dinamizar o uso da lingua galega na mocidade e na familia a través de actividades arredor da arte e da natureza; ou roteiros baseados en Sarmiento e Castelao.

Consulta aquí a programación completo (.pdf) do SNL de Pontevedra no mes de abril >
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio