Múltiples accións por un Nadal en galego

Ao se iren aproximando as datas do Nada e do comezo dun novo ano, desde o ámbito da normalización son múltiples as accións emprendidas na procura da presenza do galego nestas datas. Cartas de reis, propostas de agasallos, Apalpador, recursos, concursos de escaparates, etc.

Así, como en anos anteriores, a Coordinadora Galega de ENDL habilita un espazo específico no seu web con diferentes recursos para un Nadal en galego, onde se pode atopar información sobre cancións, cartas, contos, refráns, agasallos, recursos didácticos…

Tamén desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) se habilitou un espazo para un Nadal en rede.

Abertos ao galego comezou a difundir un catálogo de agasallos en galego, con propostas das empresas que pertencen a esta rede: música, camisolas, libros, xoiaría, alimentación, etc.

Desde moitos departamentos de normalización tamén se difunden cartas para incentivar que as nenas e os nenos lles escriban aos Reis, Apalpador ou Papá Noel en galego. É o caso, por exemplo, dos concellos de Ames e Santiago de Compostela, que organizan, ademais, concursos de cartas.

O SNL do Concello de Narón, por exemplo, tamén puxo en marcha o espazo Felicita o Nadal en galego e o SNL do Concello de Oroso organiza un concurso de postais de Nadal en galego.

E por segundo ano o SNL do Concello de Redondela organiza o concurso de escaparates de Nadal, para fomentar o uso do galego no comercio local.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio