Mudemos de rumbo. O galego ten futuro.

Mudemos o rumbo. Polo futuro do galego

A plataforma cidadá Queremos Galego convoca unha gran mobilización o vindeiro 17 de novembro en Compostela, baixo o lema Mudemos o rumbo. Polo futuro do galego, en resposta aos datos sobre o uso e o coñecemento do galego publicados polo IGE o pasado 11 de outubro.

A plataforma cidadá Queremos Galego convocou o pasado venres en rolda de prensa un gran acto aberto a todas as entidades e persoas interesadas na defensa da lingua o vindeiro 17 de novembro en Compostela, baixo o lema Mudemos o rumbo. Polo futuro do galego. Esta mobilización responde aos datos do IGE, que -en palabras do voceiro da plataforma, Marcos Maceira- “certifican a emerxencia lingüística extrema que vive a nosa lingua, como consecuencia de non se ter actuado sobre a expulsión e exclusión do galego de todos os ámbitos da vida social”. 

A mobilización está convocada para o domingo 17 de novembro, ás 12.00 h, desde a Alameda de Santiago de Compostela. 

A Plataforma Queremos Galego anima a toda sociedade galega, entidades sociais de todo tipo e persoas a título individual a converter o acto de Compostela, o 17 de novembro, nunha grande convocatoria unitaria, “nun grande plenario de Queremos Galego“, para amosar que outro rumbo para o galego e posíbel, que “entre todas e todos podemos rectificar a historia e garantir futuro para Galiza e o galego”. 

A plataforma Queremos Galego habilitou un espazo no seu web para recoller apoios individuais e colectivos.

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio