Moitas máis Vitaminas para o galego neste mes de maio

Lapis para escribir en galego, lectura expansiva o día 16 do manifesto Vitaminas para o galego en centros de ensino, concellos e cidades de todo o mundo e festival fin de festa en Carballo o mesmo día 16 de maio, coa actuación de Sés e a presentación de Paula Carballeira

A campaña unitaria dos medios de comunicación en lingua galega Vitaminas para o galego, expándese e fortalécese este mes de maio, con diversas iniciativas.

Lapis para escribir en galego

Miles de nenos e nenas dos varios concellos colaboradores recibirán no seu centro de ensino un lapis coa lenda “Este lapis escribe en galego”, e que vai nun soporte co lema e imaxe de Vitaminas para o galego.

#Vitaminas 17

Para conmemorar o Día das Letras, o 17 de maio, os medios de comunicación de Vitaminas, organizan unha actividade expansiva “facendo fincapé na necesidade de medios en galego para prestixiar o idioma e garantir a súa transmisión interxeneracional”. Así, elaboraron un manifesto nese sentido e pretenden que o día 16 de maio sexa lido en, cando menos, 17 escolas e institutos galegos, diante de 17 concellos, en 17 cidades de todo o mundo e que se traduza o manifesto ás 17 linguas máis faladas. Ao mesmo tempo, queren que todas esas lecturas se graven en vídeo e se envíen ao enderezo manifesto@vitaminasparaogalego.gl, para despois poderen ser difundidos eses vídeos.

Festival en Carballo

O acto fin de festa desta acción será o festival Vitaminas para o galego que terá lugar o mércores 16 de maio no Pazo da Cultura de Carballo no que actuará Sés, o grupo galego revelación, en formato acústico, formado por María Xosé Silvar e Tito Calviño. Este festival será presentado pola actriz e contadora Paula Carballeira e nel lerase o manifesto Vitaminas para o galego, entregarase o VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo e distribuiranse lapis para escribir en galego.

A entrada é libre e de balde.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio