Modificados os Estatutos e aprobadas as liñas de acción da CTNL para 2021

O pasado 6 de marzo tiveron lugar en liña dúas asembleas da CTNL: unha extraordinaria para realizar unha modificación de trámite dos Estatutos e a ordinaria anual co fin de dar conta do traballo realizado en 2020 e marcar as liñas de traballo de 2021.

O sábado pasado tiveron lugar dúas asembleas xerais da CTNL. A primeira foi unha asemblea extraordinaria, na cal se aprobou o cambio de domicilio social nos Estatutos. A segunda foi a habitual Asemblea Xeral ordinaria da CTNL, a cita anual para dar conta do traballo realizado durante o ano pasado e para aprobar o que se procurará levar a cabo durante o actual.

Ambas as asembleas tiveron que realizarse en liña debido ás restricións por mor da situación de pandemia que atravesamos.

Liñas de acción para 2021

Na asemblea ordinaria avaliouse o traballo desenvolvido durante o último ano, un ano en que foi necesario adaptar algunhas actividades á situación sanitaria: por exemplo realizouse un LGx15 só nas redes e organizouse por primeira vez un curso completamente en liña.

A programación para o ano 2021 incluirá actividades coma o LGx15, a finalización da segunda edición dos Premios Mil Primaveras e a convocatoria da terceira, Agasallo.eu, accións formativas, seguimento da política lingüística das institucións, difusión de accións para a mellora do uso e prestixio da lingua e algunha actividade especial para conmemorar os 25 anos da CTNL.



Liñas de acción para 2021, en .pdf
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio