Modificación dos criterios para o profesorado colaborador da SXPL

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou, no DOG do 18/1/2011, unha modificación dos criterios para ser profesor/a colaborador/a desa SXPL para impartir cursos de lingua galega

O cambio máis substancial é o de que, a partir de agora, para impartir cursos preparatorios para as probas de obtención do Celga hai que ser demandante de emprego en situación laboral de desempregado/a (e non só demandante de emprego, como até agora).

Na disposición transitoria indícase que todas as persoas que figuran na listaxe para impartir eses cursos deberán entregar até o día 15 de febreiro de 2011, o informe da situación laboral e administrativa expedido pola oficina de emprego no que figure como situación laboral actual desempregado/a. Este documento débese facer chegar á Secretaría Xeral de Política Lingüística á atención de Belarmino García Martínez.

Resolución completa en .pdf >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio