Modificación da convocatoria dos cursos Celga para 2010

Despois da reclamación feita pola CTNL, a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) publica no DOG unha corrección de erros da convocatoria dos cursos Celga para 2010 que lle afecta aos prazos estabelecidos.

Aínda que a CTNL denunciou, ademais dos prazos, outros problemas na convocatoria dos cursos Celga para 2010, a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) accedeu a modificar só os prazos, mediante unha corrección de erros publicada no DOG do 25/1/2010.

Deste xeito, os cursos organizados por colectivos que antes se tiñan que desenvolver entre abril e novembro, agora poderán comezar o 22 de marzo (antes de que remate o prazo de matrícula nos exames o 25 de marzo), e a resolución dos cursos concedidos farase pública o 10 de marzo (en vez do 31, como estaba estabelecido nun principio).

Ademais, os colectivos que soliciten un curso terán que facelo entregando unha listaxe con, cando menos, 20 persoas preinscritas (e non 25, como se fixaba ao principio).

Esta corrección de erros, aínda que positiva, non soluciona outros problemas organizativos, de coordinación e de xestión dos cursos Celga, como pode ser a planificación territorial, a coordinación e colaboración cos SNL, o desfasamento temporal ilóxico entre o momento da solicitude dos cursos e as datas de impartición, a homoxeneidade dos grupos de alumnado, etc.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio