Mobilízate pola lingua. Nova edición do concurso de vídeos da Mesa de Lugo

A Mesa pola Normalización Lingüística da Zona de Lugo (MNL) convoca unha nova edición do concurso de vídeos sobre lingua Mobilízate pola lingua, co que se procura a reflexión da mocidade sobre a dificultade de vivirmos en galego

[ACTUALIZACIÓN: segundo informan no blog da Mesa de Lugo, o concurso foi adiado até o último trimestre do ano]

A este concurso poderán concorrer mozas e mozos de até noventa e nove anos. A candidatura para o concurso poderase presentar individualmente ou por equipos.

As/os participantes deberán elaborar un vídeo no que recollan situacións, reais ou dramatizadas, que expresen as dificultades que a cidadanía galega se pode atopar para empregar con normalidade o idioma galego nos distintos eidos cotiáns da vida: no ensino, nas administracións públicas, nos hospitais, nos xornais, na empresa privada, etc.

O traballo poderá ser enfocado de xeito humorístico, dramático, épico, descritivo, etc. Valoraranse especialmente a orixinalidade, a claridade das mensaxes, a capacidade de transmisión de contidos dos obxectivos e a calidade técnica dos vídeos.

O traballo non terá unha duración superior a dous minutos. O vídeo poderá ser rexistrado en calquera soporte informático e realizado con calquera medio de gravación (vídeo-cámara, cámara dixital ou cámara de móbil).

Os arquivos serán enviados por correo electrónico a amesalugo@hotmail.com ou por MMS ao nº 657887632.

Podes ver algúns dos vídeos da edición do ano pasado aquí.

Bases completas e máis información >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio