A plataforma Queremos Galego anunciou un novo calendario de mobilizacións para exixir a derrogación do Decreto 79/2010 de plurilingüismo e a elaboración dunha nova norma que teña como punto de partida o Plan de xeral de normalización da lingua galega (PXNLG) aprobado por unanimidade no Parlamento no ano 2004.
Queremos Galego xa puxo en marcha unha recollida de sinaturas a través da súa páxina web e fai un chamamento á sociedade para que participe nunha concentración diante da Xunta en Santiago convocada para as 12.00 horas do mércores 12, e nunha manifestación nacional que sairá ás 12.00 da Alameda de Santiago o domingo 27 de xaneiro.
Mobilizacións de Queremos Galego para pedir a derrogación do decreto do plurilingüismo
Queremos Galego convoca un acto simbólico diante dos edificios da Xunta, en Santiago de Compostela, o mércores 12 de decembro ás 12 h, para pedir a derrogación do chamado Decreto do plurilingüismo, logo das distintas sentenzas do TSXG en que se declara a ilegalidade desta norma. Convoca tamén unha manifestación para o 27 de xaneiro