Forman parte da Plataforma cidadá en defensa da radio televisión pública galega asociacións culturais, feministas, profesionais, deportivas, sindicais e políticas que decidiron crear e impulsar esta iniciativa plural e cidadá en defensa dos medios públicos.
Calquera persoa ou entidade pode asinar o manifesto Mira por elas, no que se sinala, entre outras cousas que a CRTVG “defenda a identidade nacional de Galiza, promova o coñecemento e a difusión da súa historia e a súa cultura e impulse a normalización da súa lingua”, “informe con veracidade, imparcialidade, independencia e pluralidade”, “estimule a participación democrática mediante unha regulación que asegure a aplicación efectiva do dereito de acceso aos medios públicos dos grupos sociais e políticos, sen excluír as minorías”, etc.
www.miraporelas.com
Mira por elas. Plataforma en defensa dos medios públicos en galego
Nace a plataforma plural en defensa da radio e televisión públicas galegas, e presentan o manifesto Mira por elas que, entre outras cousas, defende que deben impulsar a normalización do galego