Minicontos de Luns a Venres para fomentar a lingua

Coa finalidade de contribuír a unha maior presenza da literatura galega nos medios, e para achegar os/as autores/as aos/ás lectores/as da prensa, o xornal De Luns a Venres e o Centro Pen Galicia convocan o concurso de minicontos de Outono

BASES

1. Os traballos deberán ser inéditos na súa totalidade, escritos en lingua galega, segundo a normativa vixente, e de libre temática.

2. A extensión de cada relato non poderá exceder os 1.200 caracteres (sen contar espazos).

3. Cada autor ou autora ten a opción de concursar cun máximo de tres minicontos, aínda que só un deles poderá ser seleccionado polo xurado.

4. Os participantes enviarán os seus orixinais ao enderezo electrónico minicontosoutono@l-v.es, ou por correo postal a: LV. Rúa de Fernando de Casas Novoa 35A, 1.º B. 15707. Santiago de Compostela.

5. O prazo de admisión rematará o 15 de decembro de 2011.

6. Estabelécense tres premios: o primeiro dotado con 600 €, o segundo con 300 € e o terceiro con 100 €.

7. O resultado do certame farase público a finais de decembro de 2011, e os minicontos gañadores serán publicados no xornal LV e na súa edición dixital. Posteriormente o PEN de Galicia e o LV organizarán un acto literario, no transcurso do cal se fará entrega dos premios.

8. O xurado cualificador está composto por un xornalista representante de LV, un escritor membro do Centro PEN Galicia e outras tres persoas relacionadas co ámbito da literatura galega. Correspóndelle ao xurado a aplicación e interpretación destas bases e a súa decisión será inapelábel.

ORGANIZAN: De Luns a Venres e Centro PEN Galicia

COLABORA: Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio