Mil festas máis para a lingua galega

As festas son fundamentais na vida social en Galiza en vilas e aldeas, onde, normalmente, se celebra máis dunha ao ano. Pola importancia destas celebracións nace a campaña Mil festas máis para a lingua galega, coa que se procura a súa galeguización

Coa pretensión de conseguir unhas festas innovadoras, participativas e galeguizadas, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, en colaboración coa Xunta de Galicia, promove a campaña Mil festas máis para a lingua galega, na que se promove que as festas de todo tipo organizadas por comisións, concellos, parroquias, etc., inclúan a exaltación da identidade territorial, o uso da lingua galega e a interpretación do himno, o uso do galego nas celebracións relixiosas, o uso da lingua galega en, cando menos, o 20% do repertorio das orquestras, o uso do galego na información e publicidade das festas, o respecto da toponimia oficial, a redacción en galego dos contratos, a lectura do pregón na lingua propia e a visibilización dos produtos propios do país e etiquetados en galego.

A esta campaña, que será presentada o día 22 de marzo, ás 18.00 h, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, xa se adheriron entidades de todo tipo, como a Real Academia Galega, a CRTVG ou a Universidade de Vigo; sindicatos como CIG, SLG ou CCOO; Radiofusión; asociacións como Adega, Xermolos, etc.; e máis de 30 concellos.

O texto completo da iniciativa pódese descargar en .pdf aquí >
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio