Meu! Coñecéndonos, descubríndonos, en Vigo

O Concello de Vigo, a través das áreas de Cultura, Xuventude, Normalización Lingüística, Patrimonio Histórico e o Verbum, presenta o programa "Meu! Coñecéndonos, descubríndonos", que ten como principal obxectivo que a cidadanía coñeza o patrimonio cultural, lingüístico, histórico e paisaxístico da cidade. No marco deste programa desenvolveranse charlas, obradoiros, campamentos de verán, roteiros, xogos didácticos ou un programa de televisión sobre toponimia

Coñecer para valorar, descubrir para coñecer…

Meu! Coñecéndonos, descubríndonos (.pdf), é un programa ambicioso en accións e intencións que, desde distintas áreas do Concello de Vigo, entre elas, Normalización Lingüística, pretende dar a coñecer Vigo e a súa contorna a través do seu patrimonio, toponimia e do seu medio; ensinar a historia da lingua, ampliar o coñecemento do galego e sensibilizar, valorar, recuperar e transmitir o noso idioma.

Dentro do programa e ao longo de todo o ano desenvolveranse accións dirixidas á poboación en xeral, á mocidade, a poboación infantil e á poboación escolar. Entre esas actividades haberá charlas, visitas, obradoiros, un programa de televisión sobre toponimia, publicacións sobre microtoponimia de distintas áreas do municipio, campamentos, roteiros, xogos didácticos, unha publicación dos Bolechas sobre a toponimia de Vigo, unidades didácticas, etc.

Información sobre a presentación do programa >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio