O programa é o seguinte:
Martes 27 de abril
55 mentiras sobre a lingua galega, con Xabier Docampo.
Mércores 28 de abril
En galego, por que non? Desmontando prexuízos, con Manuel Núñez Singala
Mércores 5 de maio
Da poesía á videopoesía, de Yolanda Castaño.
Xoves 6 de maio
Proxección do documental Linguas cruzadas e presentación da súa unidade didáctica. Con Ana Iglesias e María Yáñez Anllo
Mércores 12 de maio
Literatura feminista en galego, con María Reimóndez
Mércores 19 de maio
Actuación musical de María Xosé Silvar (Sés)
A inscrición é gratuíta e deberase facer na Secretaría do Decanato (2.º andar) da Facultade de Ciencias da Educación (Campus de Elviña, antigas Mariñas Douradas). Solicitouse un crédito de libre elección.
Martes, mércores, xoves… tamén en galego
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña organiza as Xornadas Martes, mércores, xoves... tamén en galego, que se desenvolverán durante os meses de abril e maio