Este manual do Curso de xestión administrativa é da autoría de Alicia Paula Otero, está editado baixo licenza Creative Commons e inclúe os seguintes contidos:
1. As fontes de dereito local. Réxime de organización e funcionamento
2. O procedemento administrativo local
3. As subvencións públicas
4. Os contratos do sector público
5. Os convenios, protocolos e acordos de colaboración
6. Requisitos e tramitacións das facturas
7. O control interno da actividade económico-financeira das entidades locais. Os reparos
8. Xestión do gasto público. Execución dos orzamentos municipais
9. Anexo de normas sobre usos lingüísticos (elaborado por Maica Pazos Area)
Este completo manual que agora podes descargar en .pdf, foi elaborado por Alicia Paula Otero González, técnica de administracial xeral do Concello de Pontevedra, para o Curso de xestión administrativa para SNL organizado pola CTNL, e do que se desenvolveron tres edicións, unha en Pontevedra en 2010, outra en Ames tamén en 2010 e outra en Santiago de Compostela en 2011.
O manual pódelo atopar en O Andel da CTNL > Materiais de cursos.
O curso e o manual desenvolvéronse coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e do Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela.
Material do Curso de xestión administrativa para SNL de administracións públicas locais (.pdf) >
Manual de xestión administrativa para SNL
A CTNL pon ao teu dispor o manual do Curso de xestión administrativa para servizos de normalización lingüística (SNL) de administracións públicas locais. Xa podes descargalo aquí en formato .pdf