Mancomún convoca unha praza de técnico/a de tradución e asesoramento lingüístico

O Centro de Referencia e Servizos de Sóftware Libre de Galiza, Mancomún, acaba de convocar unha praza de técnico ou técnica de tradución e asesoramento lingüístico na modalidade de obra ou servizo. O prazo para se presentar á praza remata o venres 20 de xuño.

As persoas candidatas deben posuír e acreditar a licenciatura en Tradución e Interpretación ou en Filoloxía Galega ou Portuguesa e deben ter coñecemento demostrábel de estándares e ferramentas libres para a localización de sóftware, e tamén se tará que acreditar o coñecemento de inglés a nivel técnico (se así non for, ralizarase unha proba eliminatoria cuxa valoración será de apto/a ou non apto/a).

O proceso de selección será o concurso de méritos até un máximo de 103 puntos, en que se valorará a titulación (15 puntos), a participación en proxectos de tradución de sóftware (10 puntos por cada proxecto até un máximo de 30) e de documentación (1 punto por cada proxecto até 20), outras titulacións e cursos de especialización (até 10 puntos), a colaboración en grupos multidisciplinares (até 10 puntos) e, por último, a presentación de relatorios (até 10 puntos).

O prazo de presentación de solicitudes remata o venres 20 de xuño. Podes acceder ás bases desta convocatoria nesta ligazón.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio